jueves, 12 de junio de 2014

AS NOSAS SEÑORAS DE ANA SASTRE

    ...Y hablando de amigos y de románico, no podía faltar Xosé Lois García.
     Me emocioné tanto con su artículo que inmediatamente lo "colgué" en facebok y no me dí cuenta que su sitio de honor era, precisamente, entre "AS SEÑORAS DE ANA SASTRE". Perdón por el retraso, pero aquí están ya, "acunando" a mis vírgenes, las palabras de Xosé Lois. Mil gracias.

AS NOSAS SEÑORAS DE ANA SASTRE


   Ana Sastre é esa escultora vital que se empeña na recuperación de virxes ou nosas señoras, do románico e gótico que aínda teñen presenza en varios templos galegos.
Ana Sastre é deÁvila, casada con galego e residente en Sada, onde ten un esclarecido taller de escultura que se dedica á reproducción de tallas, non tan divulgadas como merecen. Ana, marcou un itinerario de peregrinación a eses santuarios para redimir do silencio a unha arte estelar que ainda nos seduce a facer mil e dúas preguntas e ficar na incógnita dese encanto exaltador que nos proporciona volver la ollada atrás e respirar a orixinal sensibilidade que evoca o sagrado e, tamén, a popularidade do profano, sen profanar ese don expresivo que Ana Sastre recolle de cada unha das súas nosas señoras, para devolverlles o brillo conceptual e cromático dunha autoría anónima.
Estamos falando dunha colección moi importante dunha autora que reconstrúe a estas virxes en dura e poderosa pasta de papel. Todo un reciclase de materiais nas que se acrecenta esas poderosas reconstruccións que nos devolven o sabor da suntuosidade daqueles séculos escuros e, tamén, luminosos dunha arte relixiosa que nos oferta eses designios devocionais e dun redentorismo popular.
Neste proceso, Ana Sastre é fiel ao pasado, non altera nin modifica nada desa orde pola que foi concebida a talla nas súas orixes e respectada durante moitos séculos.

Servidor, tivo unha experiencia inaudita cando Ana Sastre entrou en contacto conmigo para que a informara sobre a desaparecida Virxe de Pesqueiras. Nas súas maos puxen unha serie de informes e fotografías das que ela elaborou un proxecto substancial sobre a reproducción sedente desa talla. Despois de algún tempo destes inicios estiven no seu taller en Sada e vin unha primeira reproducción de pequenas proporcións que unxían a xa desaparecida e orixinal Nosa Señora de Pesqueiras. Esta talla a mercou o párroco de S. Salvador de Parga (Guitiriz), Alfonso Blanco Torrado, para a ermida-museo de Bascuas. Aló está no centro dun retablo de honor a chantadesa Virxe de Pesqueiras.

Naquela visita ao particularísimo museo de Ana Sastre, ela xa traballaba no proxecto da reproducción da talla orixinal desa imaxe sedente que comezou en 2011. En todo ese proceso eu fun testemuña do mesmo e da paixón que mostrou a autora, preguntando o máis mínimo detalle, a policromía e outros pormenores. Claro que ela se moveu por fotografías e a cuestión é ben diferente a cando se enfronta á talla orixinal. O 12 de agosto de 2012, entrega esta talla nun acto solemne na igrexia románica de Pesqueiras. Moitas persoas exclamaron, "Apareceu a nosa Virxe". Unha enorme reproducción que moitos non distinguiron da orixinal.
Unha obra excelsa que a parroquia de Pesqueiras non demorou en mercar.

A talla de Pesqueiras non foi unha excepción no proxecto e na composición de tantas outras nas que Ana se ten mergullado. 
O seu plan é deleitarse na recuperación no que foi atracción popular pola iconografía relixiosa. Máis hoxe ten dúas vocacións, a veneración relixiosa e o deleite pola arte. Aí está un longo inventario desas musa virxinais, con rostros daquel ruralismo que os escultores da época recolleron. Esas madonas sedentes e matriarcais, de rostro humilde e con arrogantes e floridas indumentarias do románico e do gótico. Esas virxes transidas, por veces, e ledas outras, definen unha temporalidade na que se plasma unha imaxe realista na que percibimos un universo habitado por tantas facianas e sentimentos que expresan esas imaxes.
Non cabe dúbida que a obra de Ana Sastre é inxente. Porque ela está a facer un enorme museo coa memoria que aínda está presente e pode que dentro de pouco non o estea. Porque o noso grande Patrimonio relixioso e non só, desde fai anos está en desfeita e os que teñen a obriga de coidar delnon o fan. A burocracia administrativa continuo nese pedestal solitario de só ver o seu ego e todo o que o rodea é néboa que non lle deixa ver a realidade.

O que está facendo Ana é todo un prodixio de rescatar memoria material e inmaterial. Non sei se ela é consciente diso, mais no seu taller, tan particular e individualizado, reconstrúense esa señoras como a das Bernardas de Ferreira de Pantón, a do Leite, a de Samos e tantas outras que fican renovadas para que a nosa arte relixiosa continúe sendo intemporal.

Toda unha obra estelar que merece un enorme apartado nun museo público ou diocesano de Galiza. Capaz de concentrar todo ese ímpeto de relevantes imaxes que Ana Sastre está seleccionando, erixindo e emitindo nunha mensaxe única: rescatar aquilo que anuncia decadencia y depredación.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario